O Goberno Local aproba en solitario os orzamentos para 2017

Recibimos o documento definitivo dos orzamentos cando pasaban poucos minutos das sete e media da tarde, a falta de tan só hora e media para o comezo do pleno. Pedimos que o punto se adiase a unha sesión extraordinaria para poder valorar con tempo a documentación recibida. O Alcalde Manuel Campos non aceptou a petición e teimou en aprobar as contas do ano que vén sen que os grupos da oposición dispuxeramos da documentación co tempo debido. Consideramos unha absoluta falta de ética esta decisión e non entendemos cal era a razón para asumir un erro e rectificalo debidamente, pero dende logo ante estas formas de ningunha maneira se pode falar de transparencia.